Son Rubén Neira e vou facer a miña achega a esta blog a través dun tema dun pequeno grupo de música da cidade da Coruña.
Deixo a ligazón www.myspace.com/fracasadosdeantemano , e, dentro dela, é a canción titulada Menezes. Vaia por diante que non pretendo facer ningún tipo de publicidade deste grupo.
Menezes era un electricista brasileiro afincando en Londres onde, coma moitas persoas do mundo, gañaba a vida traballando para poder manter a súa familia que residía no Brasil tentando salvar as diferenzas existentes entre o mundo occidental e o "mundo condenado".
Despois dos atentados do 7 de xullo (se mal non lembro) na cidade de Londres, Scotland Yark, 15 días despois, acribilla a balazos a Menezes unha mañán na estación do metro, alegando que (coma se di na canción), era SIMILAR a un SOSPEITOSO nunha FOTOGRAFÍA.
Obviamente (que triste é dicelo), os responsábeis deste asesinato non pagaron polos seus crimes ao ser considerado "un erro".
Este suceso daría para abrir infinidade de temas de debate (vivimos tan seguros como cremos, prexuixos na construcción da identidade de sospeitosos, etc) mais eu vou propoñer un: o tratamento que dende os medios se lle da ao conflito "mundo occidental- mundo árabe" cada vez que un suceso relacionado con isto sae á palestra ou dito doutra maneira; os medios de comunicación occidentais (TODOS) dan a imaxe de que ésta é unha guerra contra o terrorismo ou contra unha banda de fanáticos musulmáns con ansias de reconquistar e islamizar o mundo occidental.
Realmente é así ou é unha imaxe que os medios de comunicación están obrigados a dar para manter o status quo que tantos beneficios lles reporta?
Vemos entón que partimos dun medio (unha canción publicada na internet) para acabar ofrecendo un debate sobor do tratamento dunha determinada cuestión dos medios de comunicación